Recepción local en Galicia con teléfono preparado para atender clientes
Atención local con IA · Feito en Galicia

Non perdas clientes por non contestar.

Axentes de voz e WhatsApp para negocios galegos que necesitan atender, filtrar e resumir cada primeiro contacto.

Solicitar chamada de encaixe
Fluxo de atención con chamada, axenda e resumo para o equipo
Non é un chatbot

Unha axente que pregunta, ordena e avisa.

Clara recolle motivo, urxencia, datos de contacto e contexto. Cando a situación require criterio humano, escala ao equipo cunha ficha clara.

Ver como funciona
Negocio local galego preparado para recibir chamadas e reservas
Galicia primeiro

Voz real, soporte próximo e sectores concretos.

Clínicas, hostalaría, reformas, ferreterías, xestorías e inmobiliarias. Comezamos polo fluxo que máis tempo che quita.

Ver sectores
Primeiro contactoAtende e ordena chamadas ou mensaxes cando o equipo non pode.
Resumo útilO equipo recibe motivo, prioridade, datos e seguinte paso.
MultilingüeDetecta o idioma do cliente e responde en galego, castelán, portugués, inglés ou francés.
CriterioEscalado humano cando a situación o require.

Atención que soa humana e traballa como sistema.

A venda non e "ter IA". A venda e non perder chamadas, non esquecer leads e preparar mellor cada oportunidade.

Chamada entrante Clara atende
"Quería pedir cita. Teño dor e só podo pola tarde."
"Entendido. Recollo datos, urxencia e dispoñibilidade para que o equipo che confirme a mellor opción."

Resumo para o equipo

  • Motivo: pedir cita con urxencia media.
  • Preferencia: tardes.
  • Seguinte paso: devolver chamada e confirmar oco.
Calidade desde o primeiro contacto: deseñamos cada axente cun fluxo claro, voz coidada e escalado humano cando a situación o necesita.

Primeiro resolvemos o primeiro contacto.

Clara é o nome do axente de primeiro contacto: identifica o sector, recolle datos, pregunta pola urxencia e deixa ao equipo un resumo accionable.

Despois, se o cliente o necesita, conectamos calendario, WhatsApp, CRM, stock ou ferramentas propias. Paso a paso, sen romper o negocio.

Voz e WhatsApp
Resumo para o equipo
Multilingüe: galego, castelán, portugués, inglés e francés
Humano cando fai falta

Que pode facer Clara na primeira implantación

Comezamos co primeiro contacto: atender, preguntar ben, ordenar a información e deixar o seguinte paso preparado.

Atender chamadas

Recolle nome, motivo, urxencia, horario preferido e datos importantes para devolver ou pechar a cita.

Responder WhatsApp

Filtra mensaxes repetitivas, pide a información que falta e prepara o seguinte paso sen parecer un formulario frío.

Crear resumo útil

O equipo recibe unha ficha con motivo, prioridade, datos de contacto, contexto e acción recomendada.

Preparar citas

Pode orientar dispoñibilidade e, se hai calendario compatible, avanzar cara á reserva ou solicitude de confirmación.

Atención multilingüe

Identifica a lingua do cliente e mantén o primeiro contacto en galego, castelán, portugués, inglés ou francés.

Escalado seguro

Cando a resposta require criterio, autorización ou contexto delicado, Clara deriva ao equipo coa información ordenada.

A proba que importa e que a atención soe ben e deixe traballo feito.

Primeiro entendemos o teu fluxo real. Despois preparamos unha proba guiada co canal acordado, voz coidada e resumo claro para o equipo.

Como o implantamos con calidade

Un primeiro fluxo sólido, medible e preparado para crecer cara a integracións segundo o cliente.

Definimos o fluxo

Que pregunta Clara, que pode responder e cando debe pasar ao equipo.

Probamos voz real

Facemos chamadas de proba con ruído, interrupcións, acentos e casos incómodos antes de ensinar nada.

Medimos calidade

Latencia, entendemento, resumo, escalado a humano e custo por minuto. Axustamos ata que a experiencia sexa clara, rápida e útil.

Personalizamos

Clínica, reforma, ferretería, hostalaría ou inmobiliaria: cada sector necesita outro guión.

Sistema de atención preparado para ordenar chamadas, mensaxes e citas

Sectores onde comezamos

Non vendemos o mesmo a todos. Facemos axentes segundo a necesidade real.

Recepción de clínica preparada para chamadas e citas

Clínicas e dentistas

Citas, urxencias, recordatorios, dúbidas frecuentes e resumo para recepción.

Recepción de hostalaría preparada para reservas e atención multilingüe

Hostalaría e turismo

Reservas, grupos, horarios, menús, alerxias e idiomas para visitantes.

Mesa de reformas con teléfono, planos e materiais para orzamentos

Reformas e oficios

Orzamentos, enderezo, fotos, medidas, visita previa e urxencia do traballo.

Mostrador de comercio con teléfono e control de stock

Ferreterías e comercio

Preguntas de stock, alternativas, pedidos, avisos a provedores e dúbidas repetidas.

Despacho de xestoría preparado para consultas e citas

Xestorías e asesorías

Primeiro filtro, documentación necesaria, estado de trámites e derivación segura.

Mesa de inmobiliaria con chaves, planos e consultas de vivenda

Inmobiliarias

Filtro de compradores, propietarios, visitas, preferencias e oportunidades locais.

Unha entrada clara para primeiros clientes

Comezamos cun fluxo concreto, prezo pechado antes de instalar e revisión próxima nas primeiras semanas.

Sen permanencia mínima. Proba un mes e decide.

Diagnóstico de fluxo

15 minutosPara entender se encaixa.

Chamadas, WhatsApp, citas, orzamentos, reservas ou stock: buscamos a dor principal.

  • Un fluxo prioritario
  • Canles necesarias
  • Riscos e derivación humana
Solicitar diagnóstico

Escalado sectorial

A medidaCando o primeiro fluxo funciona.

Calendario, CRM, stock ou software propio só se achega valor real e hai forma limpa de conectalo.

  • Fluxo personalizado
  • Integración validada antes de prometer
  • Soporte próximo
Consultar encaixe

Preguntas normais antes de probar unha IA

A confianza local gáñase con calidade, claridade e seguimento.

Datos, voz e privacidade.

Antes de activar unha implantación definimos que datos se recollen, quen os recibe, cando se escala a unha persoa e como se informa ao cliente final. As gravacións, mensaxes e resumos deben tratarse con regras claras e acordo de protección de datos co negocio.

Criterio humano integrado.

En conversas delicadas ou decisións importantes, Clara deriva ao equipo co contexto xa preparado. Non improvisa respostas sensibles.

Integracións por fases.

Primeiro voz e resumo. Despois calendario, CRM, stock ou software se o cliente o necesita.

Custo controlado.

Medimos minutos, latencia e calidade antes de ofrecer un plan que poida comer a marxe.

RGPD e tratamento de datos.

Antes de activar Clara definimos que datos se recollen, quen os recibe, canto tempo se conservan e como se informa ás persoas atendidas.

Equipo local

Unha solución próxima e responsable. Sen retratos inventados: presentámonos con claridade.

AS

Andre Sobreiro

Produto e implementación

Deseño de fluxo, proba técnica, integracións e calidade do axente.

C

Cristina Laya

Relación con clientes e mercado

Contacto local, escoita de necesidades e seguimento do cliente.

Solicitar unha chamada de encaixe

Déixanos o contexto e vemos se ten sentido preparar unha demo real para o teu negocio.

Zona

Galicia

Próximo paso

Definimos primeiro o fluxo e preparamos a proba real co canal acordado.

Criterio

Clara escala ao equipo cando a conversa necesita criterio humano.

Asistencia persoal

Opción de seguimento máis próximo para revisar conversas, axustar respostas e mellorar o fluxo cada semana.

Preparando
Ficha preparada. Queda lista para copiar ou enviar pola canle acordada.